O novo edificio xudicial de Ourense conta xa cunha oficina independente para atender ás vítimas de violencia de xénero
A terceira planta do edificio xudicial de Ourense –na que están emprazados os xulgados de Instrución e do Penal- acollerá unha oficina para a atención das vítimas de xénero procurando evitar a confrontación visual co presunto agresor e do público que acuda as dependencias xudiciais. A habilitación deste espazo, comprometida o pasado mes de agosto polo director xeral de Xustiza, Juan José Martín, permitirá unha atención persoal, respectuosa e individualizada, cumprindo coas premisas da Lei 4/2015 do Estatuto da Vítima do Delito que entra en vigor o próximo días 28 de outubro. Ademais, esta oficina dotarase do equipamento informático para poder realizar no mesmo espazo as actuacións procesuais que se estimen oportunas polos órganos xurisdicionais.