O 83% das explotacións de leite que se verán beneficiadas das axudas complementarias do Ministerio serán galegas

A Xunta valora positivamente que o 83% das explotacións de leite que se verán beneficiadas das axudas complementarias do Ministerio sexan galegas.

  • Administración galega agradeceu o esforzo e traballo levado a cabo polo Ministerio, que tralas negociacións a nivel europeo conseguiu máis fondos adicionais para o sector lácteo
  • Deste xeito, o Goberno dará 45,5 millóns de euros adicionais aos gandeiros do sector lácteo, dos cales 25,5 son de fondos comunitarios e os outros 20 de orzamento nacional

A Xunta valora positivamente que o 83% das explotacións de leite que se verán beneficiadas das axudas complementarias do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente sexan galegas. Así, todas aquelas explotacións que non están cubrindo os seus custes de produción recibirán de forma adicional ata 10.000 euros de axuda para paliar esta situación.

2011-08-30-vacas-2

A Consellería do Medio Rural agradece o traballo e esforzo levado a cabo polo Ministerio na defensa deste sector tan estratéxico para España en xeral e para Galicia en particular. Así, ademais destes 20 millóns de orzamento nacional destinados a axudar a todas as explotacións en situación máis complicada, España conseguiu outros 25,5 millóns de fondos comunitarios. Unha axuda extra que a Consellería valora porque chegará a todas e cada unha das explotacións do país. Así, as explotacións galegas recibirán o 100% da axuda comunitaria, que supón unha achega de ata 50.000 euros.

Todas estas axudas vense complementadas co recente acordo lácteo, o cal ofrece por primeira vez a posibilidade de dar estabilidade e transparencia ao sector, xa que recolle todo aquilo que legalmente se pode e mesmo supera as expectativas manifestadas no 2009 polas asociacións agrarias que agora non asinaron este acordo. Neste senso, a Consellería do Medio Rural insiste en que, antes de facer unha valoración do acordo, é preciso darlle tempo e non facer anticipacións sen sentido.

Batería de medidas
A conselleira do Medio Rural destacou todas as medidas impulsadas polo seu departamento e polo Goberno central, que redundan no apoio ás organizacións de produtores, na promoción do consumo de leite, na vixilancia do cumprimento da lei de medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria, na concesión de créditos a gandeiros ou na divulgación dos contratos lácteos. Tamén destacan as accións de divulgación de información sobre custos e marxes de produción, a potenciación do papel da interprofesional INLAC, o impulso do programa de leite escolar, o plan estratéxico para a industria láctea, o impulso ao cooperativismo ou o apoio á internacionalización do sector.

También te podría gustar...