Reunión de Jorge Pumar cos directores de área da Deputación de Ourense

Reunión de Jorge Pumar cos directores de área da Deputación de Ourense

 

O vicepresidente segundo e deputado delegado de Administración Provincial da Deputación de Ourense, Jorge Pumar, mantivo onte no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” unha reunión cos directores de área da institución provincial co obxectivo de impulsar estratexias de coordinación entre os diferentes servizos e planificar accións a desenvolver no período 2015-2019, relativas a procesos administrativos e tecnolóxicos, coa finalidade de seguir mellorando os servizos que se prestan aos cidadáns das provincia de Ourense.

“A excelencia na coordinación entre departamentos e servizos é fundamental para facer unha deputación máis achegada, accesible e participativa”, afirmou Jorge Pumar, engadindo que estas xuntanzas terán un carácter periódico “para seguir avaliando o labor interno que facemos desde o ente provincial”.

También te podría gustar...