A Policía Autonómica imputa ao presunto autor dun incendio forestal no concello ourensán de Celanova
Axentes da Policía Autonómica da Xefatura de Ourense veñen de informar da imputación dun home da Bola como presunto autor dun incendio forestal no concello de Celanova.
O lume que se lle atribúe tivo lugar o pasado 20 de agosto, no lugar de Sixín, parroquia de Mourillós, afectando a 6.000 metros cadrados de monte, cando o imputado estaba a realizar traballos de desbroce cun motocultor, incumprindo as normas de seguridade.
Polos feitos tramitáronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Celanova, en funcións de garda. No que vai de ano, a Policía Autonómica leva imputadas a 55 persoas con delitos relacionados cos incendios forestais.