A Xunta iniciou hoxe luns as obras de mellora da accesibilidade, instalación na estación de autobuses de Ourense
xuntaA Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, inicia o vindeiro luns, 17 de agosto, as obras para a mellora de accesibilidade, instalacións das estacións de autobuses de Ourense. A Dirección Xeral inviste máis de 50.000 euros nestes traballos, que teñen por obxectivo mellorar e modernizar a rede de estacións de transporte público por estrada da comunidade autónoma.
Así, para mellorar a accesibilidade da estación da Cidade das Burgas repararanse e colocaranse varios apoios isquiáticos na zona de dársenas, para facilitar á espera aos usuarios sen necesidade de sentarse e tamén se colocarán varios bancos. Tamén se mellorará a instalación coa reparación do pavimento de formigón de entrada ás dársenas. As obras prolongaranse por un período de tres meses.
Plan Renove
Coa finalidade de fomentar o uso do transporte público, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas lanzou o Plan Renove das estacións de autobuses de Galicia que contempla a mellora e modernización da rede destas infraestruturas de transporte público por estrada da comunidade autónoma.
O Plan Renove parte dunha auditoría técnica previa efectuada pola Dirección Xeral de Mobilidade a cada unha das estacións de autobuses das que é titular, co obxectivo de avaliar o estado de conservación das instalacións. Neste análise constátase que as deficiencias das estacións de autobuses se deben, con frecuencia, a unha deficiente conservación e mantemento das instalacións.
O plan finánciase con cargo ao Programa Operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), que dentro dos seus obxectivos estratéxicos pretende reforzar o desenvolvemento das infraestruturas ambientais e de transportes. Este plan implicou a licitación de obras por importe de case dous millóns de euros (1.806.601), para mellorar a accesibilidade, instalacións e sistemas de información de 25 estacións de autobuses.