Un total de 367 persoas partiparon este curso no programa de cooperación interuniversitario impulsado pola Xunta, ‘Iacobus’
xuntaO programa de intercambio interuniversitario ‘Iacobus’ destinou preto de catrocentos mil euros ao financiamento de 367 estadías en Galicia e Portugal durante o curso 2014-2015.
O ‘Iacobus’ é un programa de cooperación cultural, científica e pedagóxica da Eurorrexión, pioneiro en Europa e que se finanza grazas ao Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEC) da UE. Está impulsado pola Xunta de Galicia, a través da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (AECT).
Este programa pretende fomentar a cooperación e a mobilidade académica no espazo universitario luso-galaico, apostando polo desenvolvemento de proxectos formativos e de investigación científica comúns. Trátase dun proxecto de formación continua que xunta once institucións de ensino superior de Galicia e o a rexión norte do país luso.
Así, entre os participantes das tres convocatorias realizadas o curso pasado había persoal docente, investigador e de Administración e Servizos das tres universidades galegas e das portuguesas de Porto, Minho, Trás-os-Montes e Alto Douro e Católica Portuguesa; así como dos Institutos Politécnicos do Porto, Bragança, Viana do Castelo e o do Cávado e do Ave.
Das 367 estadías que se financiaron nesas tres edicións 209 foron para persoal docente, 95 para persoal investigador e as restantes 63 para persoal de administración e servizos (PAS)
Un novo modelo experimental
Na actualidade está a concorrer unha nova variedade do programa ‘IACOBUS’, de carácter experimental, destinada aos profesores de Formación Profesional de centros públicos da Eurorrexión.
A súa primeira convocatoria, que conta cun orzamento de 60.000 euros, está a financiar 37 proxectos: 23 estadías de profesores galegos na Rexión Norte de Portugal e 14 de profesores portugueses en Galicia. Estes proxectos abranguen áreas de formación diversificadas como novas tecnoloxías da información, soldadura ou hostalería e turismo.
O programa ‘IACOBUS Formación Profesional’ quere aproximar a estes centros para unha aprendizaxe conxunta, mediante o intercambio de boas prácticas, a creación de redes de cooperación estables e, no corto prazo, permitir a homologación de títulos de FP a nivel Eurorrexional, facilitando así a creación de emprego e a contratación transfronteiriza.