A Consellería parchea o rural con profesorado itinerante e non especialista
A consellería anuncia o mais que probable peche de Xunqueira de Espadañedo o marchar prácticamente todo o alumnado a Maceda.
O mércores celebrouse en Ourense a xuntanza sobre as vacantes de profesorado (CADP 2015, Concurso Adxudicación de Destinos Provisionais) para o vindeiro curso 15-16 na provincia de Ourense.
CCOO denuncia, a elevada itinerancia das vacantes ofertadas, e en concreto, nas especialidades de profesorado de atención a alumnado con necesidades específicas (Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe) CCOO Ensino, rechaza a afinidade entre as especialidades do corpo de mestres e considera unha liña vermella as especialidades de alumnado con necesidades específicas.
CCOO Ensino, considera unha merma na calidade educativa que un mestre de música teña que impartir docencia de Audición e Linguaxe ou Pedagoxía Terapéutica, especialidades de perfil moi específico relacionado con alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
CCOO Ensino, denuncia a perda de postos de traballo (Modificación do catálogo de infantil e primaria publicado o día 21 de xullo no DOG) e o aumento de itinerancias e afinidades do profesorado que merman a calidade da educación e a estabilidade do profesorado.
CCOO Ensino, considera unha medida exenta de coherencia e sentido común, que no CEIP de Casaio a consellería elimine do catálogo a praza de Educación Infantil, cando se cumpría o ratio mínimo, e se asigne mediante adxudicación provisional (CADP 2015), un mestre de Ingles que impartirá ademais música e educación física.
CCOO Ensino, considera unha mala noticia para o ensino Ourensan o mais que posible peche de dous centros para o vindeiro curso, e fai un chamamento, a todos os integrantes da comunidade educativa a evitar na medida do posible, o peche de colexios no rural.