A Xunta de Galicia abre unha consulta pública para identificar os núcleos e polígonos que carecen tanto de cobertura actual como de previsións de dispoñer de redes de 100 megas
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, (Amtega) vén de abrir un proceso de consulta pública a operadores de telecomunicacións e outros axentes interesados para actualizar a información sobre a situación de cobertura actual e as previsións de despregamento de redes de 100 Mbps nos núcleos e polígonos industriais de Galicia.
Esta consulta pública enmarcase dentro das actuacións precisas para definir as actuacións que a Xunta desenvolverá no Plan de Banda Larga de Galicia 2020.
Trátase de identificar as zonas brancas de cobertura de redes de 100 Megas, é dicir, aqueles núcleos e polígonos que non teñan actualmente cobertura deste tipo de redes nin plans de dispoñer desta cobertura nos próximos anos.
Dende hoxe e ata o 31 de xullo os operadores e outros axentes interesados poderán remitir a Xunta de Galicia as súas achegas sobre o listado de núcleos e polígonos publicado pola Amtega.
A realización desta consulta é unha das esixencias que recollen as directrices europeas que regulan as axudas despregamento de redes de banda larga como paso previo a que ser poidan convocar.
Pódese acceder ao texto e listados da consulta no seguinte enderezo web:
http://amtega.xunta.gal/temas/telecomunicacions/consulta-publica-100-mbps/consulta-publica-100-mbps.html