Turismo de Galicia e BALNEGAL colaborarán nun proxecto de xestión médica e documentación dos balnearios de Galicia

image_gallery (3)

 

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o presidente da Asociación Galega de Propiedade Balnearia –BALNEGAL-, Antonio Garaloces, asinaron onte un convenio de colaboración para o desenvolvemento dun proxecto de xestión médica e documentación dos balnearios de Galicia.

Así, a través do dito convenio, Turismo de Galicia e BALNEGAL colaborarán na estandarización dos procesos de asistencia médica nos balnearios de Galicia, co obxecto de revalorizar a proposta de servizos de saúde sobre a base dunha monitorización dos casos atendidos e dos resultados obtidos.

Esta actuación desenvolverase coa creación dun sistema de software que permitirá a homoxeneización da recollida de historias clínicas de pacientes e facilitará a súa xestión.

Deste xeito, mediante esta colaboración, formalizada no día de hoxe, se levarán a cabo as seguintes accións: documentación dos procesos de acordo con normas estándar, xestión dun catálogo de servizos, xestión das axendas de consultas e tratamentos, realización de estudos de casos atendidos e resultados obtidos, mediante o desenvolvemento de ferramentas de xeración de informes e habilitación das funcionalidades para a importación e exportación de datos para facilitar o traspaso de información con outros sistemas de xestión.

Con este acordo, que supón un grande avance que potenciará a atracción e a fidelización dos usuarios nos balnearios de Galicia, Turismo de Galicia volve mostrar a súa forte aposta polo turismo termal cun empuxe fundamental para consolidar a Galicia como destino de saúde de referencia.

Gran potencialidade
As propiedades salutíferas dos mananciais galegos son coñecidas desde tempos anteriores á conquista romana e na actualidade cada vez son máis demandadas por parellas e familias que acoden aos balnearios buscando a prevención e o tratamento de doenzas crónicas.

Os balnearios galegos posúen sete das oito clases de augas mineromedicinais que existen no mundo e que se empregan para tratar múltiples enfermidades.

Con todo, a nosa Comunidade conta cunha gran potencialidade no turismo de saúde e benestar.

También te podría gustar...