Rogelio Martínez recibe ao novo presidente da Cruz Vermella de Ourense nun primeiro encontro institucional
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, recibiu esta mañá ao novo presidente de Cruz Vermella Ourense, Felipe Ferreiro. O representante do Goberno galego mantivo así o seu primeiro encontro institucional con Ferreiro Feijóo desde que foi elixido, a mediados deste mes, presidente da entidade a nivel provincial.
Na xuntanza abordaron diversos aspectos nos que ambas institucións están implicadas e púxose de manifesto o propósito de seguir mantendo unha boa liña de colaboración entre ambas as dúas institucións, para poder desenvolver un bo nivel de actividade nos proxectos de inclusión e intervención social, emprego, formación ou emerxencias. Rogelio Martínez ofreceulle ao novo presidente da Cruz Vermella ourensá diálogo e colaboración da Xunta para traballar de xeito coordinado no impulso social da provincia.