Deputación de Ourense e Concello de Maceda asinan o convenio para o novo campo de fútbol
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde de Maceda, Rubén Quintas, asinaron hoxe o convenio de colaboración que permitirá á vila de Maceda contar cun novo campo de fútbol, instalacións deportivas que estarán en condicións antes de 2016, segundo confirmaron hoxe tralo acordo asinado no Pazo Provincial.
Esta é a primeira recepción a un alcalde por parte de Manuel Baltar na nova lexislatura local 2015-2019, trala toma de posesión das corporacións o pasado sábado, unha actividade que forma parte dos encontros diarios que Manuel Baltar ten cos rexedores locales a prol da cooperación cos concellos, obxectivo principal da Deputación de Ourense.
Baltar e Quintas analizaron temas infraestruturas, servizos sociais, cultura e deporte, que enmarcan as principais necesidades que ten o municipio de Maceda.