Os servizos de emerxencias seguen a buscar sen éxito aínda a un home de 70 anos perdido no Monte Vilela, na Rúa
O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, así como membros da familia, mantiveron contacto co señor de 70 anos perdido no Monte de Vilela, na Rúa, dende onte ás nove da mañá.
O señor amosa síntomas de desorientación e asegura ter feridas nos pés que lle impiden camiñar. Igualmente, os xestores do 112 Galicia lle insisten en que chame ao número de emerxencias para poder afinar a súa localización, sen embargo, esta chamada nunca se produce. Ás catro da tarde de onte, a Garda Civil, que xa activara un operativo de busca, pediu a colaboración do CAE 112 Galicia e de cantos medios de rescate se puideran movilizar dende a central. Así, ademais das forzas de seguridade do Estado, apoiados con medios aéreos, están a participar no operativo os voluntarios de Protección Civil da Rúa e de Petín. Ata este momento, continúan sen noticias do home.