Incendio dunha fábrica de madeira na Rúa
Os bombeiros de Valdeorras extinguiron esta mañá o incendio que afectaba unha fábrica de madeira da localidade ourensá da Rúa.
As lapas calcinaron dous depósitos de gasóleo duns 500 litros de capacidade. Tamén afectou un terceiro duns 15.000 litros e o recinto onde se atopaban. Con todo, a estrutura da fábrica non tivo danos.