O 48% dos menores galegos de 14 anos recoñecen ter consumido alcohol no último mes

A conselleira de Sanidade, Roc’o Mosquera, inaugurar‡ a xornada Menores nin unha gota. M‡is de 100 raz—ns para que un menor non beba alcohol, impartida pola psic—loga Roc’o Ramos-Paul, co–ecida pola sœa intervenci—n no programa televisivo Supernanny.

 

Case a metade dos menores galegos de 14 anos recoñecen ter consumido alcohol no último mes. En concreto, un 30% dos que se atopan entre 14 e 18 anos, admiten terse emborrachado neste mesmo período, porcentaxe superior á media estatal que se sitúa nun 28,1%. Estes son datos da enquisa ESTUDES de consumo de uso de drogas que desenvolve a Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas.

A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, inaugurou onte a Xornada Menores nin unha gota. Máis de 100 razóns para que un menor non beba alcohol, impartida pola psicóloga Rocío Ramos-Paúl, máis coñecida pola súa participación no programa televisivo Supernanny, na que aportou aos pais e educadores presentes consellos e ferramentas para poder enfrontar e previr o problema do consumo de alcohol nos menores de idade, de xeito que lles permita transmitir aos seus fillos a importancia de non iniciarse no consumo de alcohol.

Ademais, a conselleira sinalou que segundo os datos recollidos no Sistema de Información sobre Condutas de Risco -SICRI 2013- da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, o 83% dos menores conseguen o alcohol en bares, pubs e discotecas; o 42% en supermercados; un 49% en tendas e quioscos; e o 43% na venta ambulante.

“Este consumo supón un dos principais problemas entre os nosos mozos e mozas, xa que está detrás de moitas condutas de risco evitables e, a longo prazo, está relacionado co consumo crónico excesivo, o que leva a unha alta probabilidade de desenvolver patoloxías orgánicas e psicosociais”, subliñou Mosquera.

Campaña Menores nin unha gota

Esta xornada enmárcase dentro da campaña Menores nin unha gota. Máis de 100 razóns para que un menor non beba alcohol, promovida polo Ministerio de Sanidade, Asuntos Sociais e Igualdade e a Federación Española de bebidas Espirituosas -FEBE-, e na que está implicada a Consellería de Sanidade dende o pasado mes de febreiro cando entrou a formar parte da Rede de cidades para a prevención do consumo de alcohol por menores de idade.

A través desta Rede ábrese a posibilidade ás administracións rexionais e locais a adherirse aos obxectivos da mesma en loita contra o consumo de alcohol en menores desde a perspectiva preventiva e educativa. A campaña, que está dirixida fundamentalmente a pais e nais pero tamén aos propios menores e profesores, desenvólvese a través de diversos soportes informáticos e canais de comunicación.

También te podría gustar...