Actos en Quiroga no Día das Letras Galegas
O vindeiro domingo, día 17, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, o Concello de Quiroga ten programado una serie de actos que se desenvolverán a partir das 17:45 h. no Auditorio Municipal e na Sala de Catas do Museo Etnográfico.
Ás 17:45 h: Recepción de Representantes dos Colectivos Culturais da Vila na Sala de Catas do Museo Etnográfico.
Ás 18:00 h:No Auditorio Municipal :
-Acto de homenaxe ao Gaiteiro da Ermida, D. Colomán González Rodríguez pola súa labor na trasmisión do patrimonio etnográfico da nosa comarca.
Nesta homenaxe colaboran o Grupo de Gaitas “O Recanto”, a Banda de Gaitas San Martiño, Os Gaiteiros da Ermida, o Grupo de Danza “Arume da Queiruga” e o músico e Director da Real Banda de Gaitas e da Escola de Gaitas da Deputación de Ourense, Xosé Lois Foxo.
-Acto de entrega de Premios aos Gañadores do Certame de Narración e Debuxo Letras Galegas 2015, covocado pola Biblioteca Municipal e a Biblioteca Nodal de Lugo.
Na modalidade debuxo:
-Na categoría A (ata 8 anos): Antía Rodríguez García, Natalia Álvarez Díaz,Nadira Robledo Rodríguez e Martín Pérez Rodríguez.
– Na categoría B (de 9 a 11anos):
Icía Marcos García, Emilia Sandra González Macía e Diego Arias González.
Na modalidade narración:
– Na categoría A (ata 8 anos)
Cristian Álvarez Fuentes, Germán Álvarez Fuentes e Víctor Rodríguez Ramos.