Estudantes das Neves visitan o Obradoiro de instrumentos populares
Estudantes do IES Pazo da Mercé, das Neves (Pontevedra), realizaron onte unha visita didáctica ao Obradoiro de Instrumentos da Deputación de Ourense, que dirixe Manuel Brañas, para coñecer a técnica de fabricación de instrumentos e ver os construídos a partir dos instrumentos esculpidos no Pórtico do Paraíso da Catedral de Ourense. Posteriormente, no Centro Cultural «Marcos Valcarcel» asistiron a unha charla-debate, coa proxección de documentos didácticos, impartida por Luís Cepeda, quen falou sobre a construción de guitarras, e Manuel Iglesias, quen realizou unha proxección que incluía unha relación dos instrumentos que se constrúen no Obradoiro, dentro dos cursos que se están impartindo.