Publicadas no DOG axudas para que as entidades locais desenvolvan proxectos para mozos ás que Xuventude destina 600.000 euros

Cabecera-Diario-Oficial-Galicia_EDIIMA20121201_0107_13

 

A Casa da Xuventude de Ourense acolleu hoxe o primeiro dos catro encontros provinciais de voluntariado, no que participan dirixentes, técnicos e voluntarios de entidades e concellos. O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, inaugurou esta xornada, onde se analizou a actualidade do terceiro sector en Galicia, como a redacción do decreto polo que se crea o Observatorio Galego de Acción Voluntaria, as ordes de axudas ou o deseño da estratexia de acción Voluntaria 2015-2018.

O director xeral aproveitou o encontro para anunciar a publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia da convocatoria de axudas destinada ás entidades locais para a promoción da información xuvenil e á realización de proxectos dirixidos á xuventude no ámbito da educación non formal e da participación.

A esta liña de subvencións, a Consellería de Traballo e Benestar destina 600.000 euros, un 12,5% máis que o ano anterior. As axudas van dirixidas a concellos e mancomunidades de Galicia, así como tamén aos municipios que, pertencendo a unha mesma zona, acorden desenvolver programas conxuntos de actuación sen constituír unha mancomunidade.

A novidade máis importante desta liña de subvencións con respecto a de anteriores anos é o incremento no importe máximo das axudas para incentivar os proxectos conxuntos. Deste xeito, a orde sinala que as solicitudes individuais de concellos contarán cun importe máximo de 3.000 euros; mentres que si son dous os municipios, a axuda será de 8.000; e, si son tres ou máis, a subvención chegará aos 15.000 euros.

Os beneficiarios das subvencións deberán participar no financiamento cun mínimo do 25 por cento do orzamento total. O período subvencionable abranguerá desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2015. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contando a partir de mañá.

Poderán ser obxecto destas axudas os custes derivados do funcionamento normal dun servizo de información xuvenil, así como as actividades de dinamización da información que se levan a cabo. Tamén se subvencionan as actividades formativas e educativas, as relacionadas co espírito creativo e emprendedor da mocidade, os programas de información e asesoramento e, en xeral, os que faciliten a participación xuvenil en actividades de educación non formal e os relacionados co asociacionismo e liderado xuvenil, todos eles destinados á mocidade de idades comprendidas entre os 12 e os 35 anos.

También te podría gustar...