O turismo de congresos de Galicia promóvese no Salón Meedex de París

La Xunta promueve el turismo de naturaleza gallego en la feria INTUR de Valladolid

 

A oferta galega de turismo de congresos estará ao alcance dos principais operadores turísticos franceses, grazas á presenza de Turismo de Galicia no Salón Meedex, unha das citas feirais máis importantes de Francia na que os promotores de turismo entran en contacto cos operadores turísticos especializados.

Así, Turismo de Galicia participa no Carrousel du Louvre, en París, neste encontro especializado en turismo de reunións, congresos e viaxes de incentivo, no que se realizan contactos cos principais axentes do mercado francófono europeo.

Trátase dun workshop organizado en colaboración coa Oficina de Turismo de España en París, no que Turismo de Galicia desenvolverá más de 50 xuntanzas cos operadores especializados en viaxes corporativas ao tempo que se informará aos visitantes que se acheguen ao evento das da oferta turística galega neste ámbito.

Promoción da oferta turística congresual de Galicia
Turismo de Galicia conta cun programa específico de promoción destinado a dar a coñecer a oferta turística congresual da nosa Comunidade tanto a nivel nacional como internacional.

Así, durante este ano, ademais de participar neste Salón Meedex en París, Galicia estará presente en certames como IMEX de Frankfurt ou TTG Incontri en Rimini, así como a nivel nacional na feira EIBTM de Barcelona.

A iso hai que engadir a asistencia de Galicia a workshops especializados en convencións e incentivos, como ConfecRed e The Meetings Space Spring (mercado británico), Ace of Mice, TTG Italia Rd Show (mercado italiano), Full Contact (mercado italiano), The Meeting Space Autum (mercado francés).

Así mesmo, dende a administración turística galega lévanse a cabo campañas de comunicación en medios especializados, e realizase unha importante labor de axuda e asesoramento para aquelas empresas que desexan realizar reunións en Galicia informando acerca das súas infraestruturas e os seus produtos turísticos complementarios que ofrece a nosa Comunidade.

Día de España en Oslo

Por outra parte, Turismo de Galicia participou estes días no evento Día de Galicia en Oslo, que, en colaboración coa Oficina de España na capital de Noruega, permitiu promover de xeito especial a oferta turística galega no país escandinavo xunto á doutros destinos españois.

Neste caso, o organismo autonómico encargado da promoción do turismo galego dispuxo entre os días 22 e 24 de marzo dun recinto para promover a oferta turística de Galicia de xeito xeral entre os operadores turísticos e o público final que asistiu a esta feira.

A xornada principal deste evento estivo dividida en tres partes, unha primeira dirixida especificamente aos profesionais do sector turístico de Noruega convocados, con presentacións sobre distintos tipos de turismo; unha segunda parte aberta ao público xeral e unha terceira na que houbo degustacións gastronómicas para o público xeral e os operadores turísticos.

Turismo de Galicia, pola súa parte, fixo especial fincapé na presentación do Camiño de Santiago como un dos produtos de turismo cultural máis relevantes de España.

También te podría gustar...