Moisés Blanco salientou a mellora rexistrada nos servizos sanitarios na comarca de Valdeorras coa apertura de novas especialidades e a ampliación dos servizos que se prestan aos cidadáns
O deputado popular sitúa en 33,1 días de espera neste centro comarcal, fronte á media galega de 80 días, unha reduciòn do 31,75% respecto do 2009, que eran 48,5 díasDestaca que o Hospital de Valdeorras é o que presenta os mellores datos de espera para especialidades de GaliciaRespecta “a todos aqueles que non recoñecen as melloras sanitarias e se lanzan a manifestacións demandando volver a situacións pretéritas nas que padecíamos unha atención sanitaria moi mellorable con continuos traslados a Ourense”
O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco salientou hoxe a mellora rexistrada nos servizos sanitarios na comarca de Valdeorras coa apertura de novas especialidades e a ampliación dos servizos que se prestan aos cidadáns. Así mesmo, destacou que o Hospital de Valdeorras “presenta os mellores datos de Galicia en espera para especialidades, con 33,1 días fronte á media galega de 80 días”.
Moisés Blanco amosou o seu respecto “por todos aqueles que non recoñecen as melloras sanitarias que beneficiaron aos veciños da comarca de Valdeorras nos últimos anos e se lanzan a manifestacións demandando volver a situacións pretéritas nas que padecíamos unha atención sanitaria moi mellorable e con continuos traslados a Ourense para a realización de probas diagnósticas ou cirurxías”.
POTENCIAR OS SERVIZOS E AMPLIAR AS PRESTACIÓNS
«Algúns en O Barco, especialmente desde o ano 2009, están empeñados en que o Hospital comarcal se peche, pero afortunadamente o Partido Popular e o presidente Feijóo non só garantiron o seu funcionamento, senón que potenciaron os seus servizos ampliando a carteira de prestacións asistenciais», lamentou. Neste eido, fixo un recoñecemento “a todos os profesionais que traballan no Hospital Comarcal que co seu esforzo e o seu bo facer son os protagonistas de que este centro teña un dos mellores resultados de Galicia»
“Desde o ano 2009 a situación ten mudado considerablemente grazas ao compromiso do actual Goberno galego coa sanidade galega que se traduciu no investimento de máis de 110.000 euros en novo equipamento para o Hospital de Valdeorras”, sinalou o deputado popular.
NOVAS ESPECIALIDADES
Ademais, puxo de manifesto que nestes anos procedeuse á apertura de novas especialidades de neuroloxía, dixestivo, endócrino e cardioloxía, xunto coa ampliación da carteira de servizos cirúrxicos de uroloxía e o impulso á hospitalización a domicilio. Moisés Blanco tamén fixo referencia á posta en marcha de vías rápidas de cancro de colon, de larinxe, de vexiga, de próstata e de melanoma; a implantación do programa de autocontrol da anticoagulación; e a próxima incorporación dun novo TAC para o Hospital Comarcal”.
“Porén, é necesario facer unha especial mención ás listas de espera do Hospital de Valdeorras, que figura cos mellores datos de Galicia: en concreto, a espera para especialidades deste centro comarcal sitúase en 33,1 días, fronte á media galega de 80 días”, sinalou Blanco. Ademais, informou que o tempo de acceso a unha intervención cirúrxica para pacientes de nivel 1 en Valdeorras é de seis días, unha das menores de toda Galicia.