A Confederación comezou os traballos de recuperación do entorno do arroio de Fornos en Fontei

image1

 

O finalizar esta actuación tamén se realizaran obras no Aguillón e no arroio da Rúa Vella

O Xefe de Servizo da Comisaría de Augas da área do Bierzo da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Óscar González Puche, realizou esta mañá unha visita oficial a Valdeorras para comprobar as actuacións que se están levando a cabo e que se van desenrolar nos vindeiros meses no Concello da Rúa.

En primeiro lugar, aproveitou para inspeccionar os traballos de recuperación do entorno do arroio de Fornos en Fontei, que esta mañá comezou a realizar a empresa Tragsa. Esta obra permitirá recuperar para os veciños unha zona que facía moitos anos que non se limpaba.

image3

 

A continuación, acompañado polo alcalde da Rúa, Avelino García Ferradal, visitou O Aguillón para revisar a área de 1,5 kilómetros que se vai a limpar entre a zona da praia e a senda verde. Estas labores se realizan na ribeira do Sil, xusto a continuación de onde finalizaron as do ano pasado.

Para remata-la xornada, Óscar González Puche puido estudiar o tipo de traballos que serán necesarios para encauza-lo arroio da Rúa Vella e recupera-la parte do camiño que desapareceu pola riada de finais de xaneiro.

image2

 

También te podría gustar...