Presentación do libro «O pequeno é grande, a agricultura familiar como alternativa: O caso galego», hoxe no Multiusos do Barco
Hoxe, ás 20,00 horas, presentase no Salón Multiusos do Barco o libro «O pequeno é grande, a agricultura familiar como alternativa: O caso galego».
Este libro analiza a importancia da agricultura a pequena escala, sen intención de contrapola á agricultura chamada profesional porque cada unha ten o seu espazo. É unha convinación de revisións bibliográficas, investigacións e conclusións propias, hipóteses e ideas prospectivas. Nese sentido ten a intención de presentar un conxunto de ideas e propostas para incentivar un debate necesario na nova fase que deberá comezar para a agricultura galega.
Os autores e intervintes no acto serán:
Xoán Carlos Carreira: Doutor enxeñeiro agronomo, profesor de Enxeñería Agroforestal na USC
Emilio Carral Vilariño: Doutor en Ciencias Biolóxicas, profesor da Ärea de Ecoloxía da USC