O Concello da Rúa renovará o parque infantil de San Roque, o quinto que arranxa nesta lexislatura
- O Concello da Rúa renovará o parque infantil de San Roque, o quinto que arranxa nesta lexislatura
- Con esta obra serán máis de 242.000 € os invertidos nas zonas de xogos do municipio
Coa renovación do parque de xogos de San Roque (presupuestada en 32.000 € que asumirá a Deputación de Ourense), o Concello da Rúa pecha un ambicioso proxecto de renovación integral dos seus espacios infantís,tralas obras realizadas en Fontei, O Aguillón, a Praza Galicia e Somoza.
No día de hoxe o ente provincial adxudicará a obra, esperando que os traballos poidan comezar en dúasou tres semanas.
No presuposto incluese o cambio do actual chan de area por un de caucho, a substitución da barreira exterior por unha nova, a colocación de céspede artificial e o arranxo e adaptación á normativa europea dos xogos existentes, así como a instalación dalgún máis.