Pan! Pan! de A Panadaría unha comedia sobre as películas do oeste este viernes en el TLO
Foi premio Xuventude Crea e teñen dúas nominacións aos María Casares, Pan! Pan! é una parodia sobre o cinema do oeste realizado con tanta sinxeleza como eficacia pola Panadaría, tres actrices mozas cun gran futuro por diante. O venres 13 de marzo no TLO ás 21h00.
PAN!PAN! é unha parodia, con música vocal en directo, dos westerns americanos. Conta a historia de Harry, un cowboy que viaxa de Mississippi a Arkansas perseguindo a un indio salvaxe que roubou á súa muller, da que está profundamente namorado.
En escena, tres actrices constrúen 8 personaxes, 5 espazos e toda a música do espectáculo axudadas só por unha bandeira dos EEUU. A comedia fai unha caricatura dese mundo sen lei dos ranchos vaqueiros, as fedorentas cantinas e os desertos cheos de perigos. Como nunha película do Far West, haberá whisky, balas e country. Amor e vinganza a partes iguais!
Creación e interpretación: Areta Bolado,Noelia Fernández e Ailén Kendelman. Idea orixinal / texto: Areta Bolado. Música orixinal: Ailén Kendelman. Atrezzo: Isabel Mouzo. Iluminación: Montse Piñeiro. Fotografía: Pilar Abades. Deseño gráfico: Noelia Fernández.
Prezo da entrada 5 euros, na billeteira do teatro desde una hora antes.