O Concello de Petín recorda o prazo de solicitudes para a prestación económica de pagamento único para as familias con fillos e fillas menores de 3 anos
O Concello de Petín recorda o prazo de solicitudes para a prestación económica de pagamento único para as familias con fillos e fillas menores de 3 anos.
Poden solicitala as familias con fillos de tres anos ao 1 de xaneiro do 2015 (nados entre o 2 de xaneiro de 2012 e 1 de xaneiro de 2015), e que, durante o ano 2013, nin estas familias nin ningunha das persoas que a compoñen estivesen obrigadas a presentar declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período.
A axuda será un pago único e poderase solicitar ata o vindeiro día 14 do mes de marzo.