Un operario resulta falecido despois de precipitarse dunha altura en San Cibrao das Viñas
Un traballador perdeu a vida tras caer dunha altura no Parque Tecnolóxico de Galicia (San Cibrao das Viñas), segundo confirmaron os efectivos do GES de Pereiro de Aguiar. Debido ao estado grave no que se atopaba o ferido, os servizos sanitarios de urxencia mobilizaron ao helicóptero medicalizado con base en Ourense, aínda que o equipo médico nada puido facer por salvarlle a vida.
Tras recibir a alerta ás 16:16 horas de onte, o persoal do CAE 112 Galicia pediu a colaboración dos axentes da Garda Civil e do GES de Pereiro de Aguiar. Urxencias Médicas xa tiña constancia do suceso.