O 061-Galicia asistiu a 49 persoas por 38 accidentes de circulación durante a fin de semana

061Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a un total de 49 persoas debido a 38 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 20 de febreiro ata as 23:59 horas do domingo, 22 de febreiro. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o venres e o domingo con 13 accidentes respectivamente.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 51 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 38 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 49 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 65 e 35 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 32 por cento dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 18 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia

Accidentes

A Coruña
15
Lugo
1
Ourense
4
Pontevedra
18

Galicia

38

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 52. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a catro sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 40 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro ocasións. As ambulancias convencionais mobilizáronse en catro ocasións.

En 42 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en cinco ocasións foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e dúas persoas faleceron no lugar do sinistro a pesar dos esforzos sanitarios.

También te podría gustar...