Resposta dada polo Sergas ante a cuestión da temperatura no Hospital Comarcal de Valdeorras
Xa temos a resposta dada polo Sergas ante a cuestión da temperatura no Hospital Comarcal de Valdeorras:
A temperatura media do Hospital Comarcal de Valdeorras está regulada de manera automatizada, mediante termostato, para manter una temperatura de confort continua. Cando, polo motivo que sexa -baixada brusca da temperatura exterior, etc.- as supervisoras de enfermería, de calquera das áreas do hospital, considera que a temperatura precisa alguna corrección proceden a dar aviso ao Servizo de Mantemento, que a súa vez procede a inmediatamente a súa regulación. Para tomar esta decisión non é preciso, como non o foi nos 30 anos de funcionamento do HCV, autorización ou indicación alguna por parte da dirección do centro.
Asemade, tanto a temperatura corporal, como o resto de constantes vitais dos pacientes ingresados son correcta e axeitadamente monitorizadas polo persoal de enfermería que asemade contan cun stock de cobertores mais que suficientes para responder ás necesidades dos pacientes.