ERE de extinción para todolos empregados de Cavima
O conflicto derivado do derrumbe da carretera de San Vicente, que derivou en problemas nas canteiras que por ela transitaban, por agora chegan a mal termo paro os traballadores xa que Cavima presentou un ERE de extinción de emprego para o total da plantilla da canteira de San Vicente en Vilamartín de Valdeorras que xa estaba en un ERE temporal.
Máis de 50 traballadores veranse afectados gravemente, xa que o peche da empresa é cuestión de rematar as negociacións entre a patronal e os traballadores.
Fan fincapé na responsabilidade total e plena da resolución da Dirección Xeral de Minas, dada a conocer en decembro na que plantexaba a reapertura dunha zoa pechando a posibilidade de traballar noutras.
‘A resolución de Minas era unha solución sobre o papel, que posta sobre o terreo fixa que se pode traballar nunha zona onde apenas queda pizarra; e iso fai totalmente inviable a empresa’, indican dende o sindicato CIG.