Aberto o prazo de inscripción para a XXXIII Feira do Viño de Quiroga

Foto: www.encomun.es

Foto: www.encomun.es

 

Como xa avanzármos o mes pasado, na reunión que se mantivo 19 do citado mes para comezar cos preparativos da celebración da Feira do Viño de Quiroga, xa está aberto dende o pasado día 9 de este mes e ata o vindeiro día 23 deste mesmo mes o prazo de inscrición para esta XXXIII Feira do Viño de Quiroga que vai ter terá lugar os días 4 e 5 de abril.

Nesta edición o recinto feiral situarase na parte de arriba da rúa Real.

Os requisitos definitivos para poder participar na XXXIII edición que terá lugar os días 4 e 5 de abril serán os inicialmente acordados:

– Cantidade  mínima: 200 botellas de viño branco e 250 botellas de viño tinto para presentar na feira, e outra cantidade igual ou superior na adega.

– Graduación alcohólica mínima: 12 º para o viño branco e 11,5 º  para o viño tinto.

– Acidez volátil máxima: 0,5 gr. acético/l. para o viño branco e 0,6 gr. acético/l. para o viño tinto.

Unha vez rematado o prazo de inscrición, procederase a recollida das mostras para realizar os análises organolépticos dos caldos.

También te podría gustar...