Turismo de Galicia firma un convenio con Exceltur para la elaboración de un estudio de impacto económico del turismo en Galicia
Turismo de Galicia e a Asociación ‘Exceltur, Alianza para a Excelencia Turística” asinaron un convenio de colaboración para a elaboración dun estudo de impacto económico do turismo en Galicia, “Galicia Impactur 2014”.
Coa aposta por esta colaboración Turismo de Galicia continúa na súa labor por afianzar o turismo da comunidade como o principal indutor do progreso económico e social.
Dito convenio ten o obxectivo de actualizar a estimación do impacto da actividade turística na economía da comunidade seguindo a metodoloxía e procesos homologables de Exceltur que Galicia vén realizando nos últimos anos.
O estudo calculará o impacto económico do turismo cunha perspectiva global dos efectos que o turismo ten sobre o conxunto de variables e decisións dos diversos axentes económicos da comunidade, ademais de favorecer na súa toma de decisións. O estudo obterá valiosa información sobre os niveis de consumo relacionados coa actividade turística, o coñecemento e análise do conxunto de servizos turísticos, os vínculos existentes entre as diversas ramas da actividade turística e o resto de sectores económicos da comunidade, a identificación das oportunidades para mellorar a produtividade do sector e a información sobre o emprego xerado, tanto directo como indirecto.
O presuposto estimado para a elaboración do estudo é de 72.600 euros, dos cales Turismo de Galicia financiará o 50% e Exceltur o outro 50%.
O estudo realizarase en catro fases: recollida de información e posta en marcha do proxecto, tratamento e análise da información estatística, actualización de Impactur e elaboración do informe “Impactur Galicia 2014”.
A sinatura deste convenio é unha mostra máis da aposta de Turismo de Galicia polo impulso á innovación, investigación, formación e cualificación das empresas e profesionais do sector turístico, así como polo incremento das magnitudes cuantitativas e cualitativas turísticas e a colaboración entre todos os axentes turísticos tanto no ámbito da Administración pública como no sector privado.