Asamblea aberta do BNG na Rúa o vindeiro domingo
Seguindo coas accións semellantes realizadas antes das Navidades, o grupo BNG, vai facer vindeiro domingo día 11 de xaneiro unha Asamblea Aberta na Rúa, na que quere tomárselle e pulo a cidadanía, escoitalas súas preocupacións, asi coma facer un balance do feito nos últimos catro anos, cara a plantexar as acción programáticas nas vindeiras eleccións que se acheguen o mais posible a cidadanía.
Continuando co proceso «Construíndo futuro», que está a levar esta formación en Valdeorras, o BNG da Rúa convoca a toda a cidadanía deste concello a unha Asemblea Aberta que terá lugar este domingo, 11 de xaneiro, ás 18h, na Biblioteca da Rúa. Queren promover a participación de todos na definición programática e nas candidaturas das eleccións municipais de maio. Sempre coa intención de consolidar unha candidatura nacionalista para o noso concello.