Primeira concentración do colectivo de emigrantes retornados de 2015 en O Barco

la foto 1

 

Como xa estaba previsto, hoxe produciuse a primeira concentración do colectivo de emigrantes retornados de 2015 en O Barco como xa o indicara este colectivo a finais do ano pasado, para seguir en pé contra o Ministerio de Facenda e a súa regiulamentación que consideran completamente perxudicial.

Os e as emigrantes retornados de Valdeorras comezaron o ano con outra concentración diante de Facenda no Barco, ás 11h., este xoves 8 de xaneiro.

Unha vez que xa está aprobada a chamada «reforma fiscal», quedan moitas cuestións por aclarar e moitas inxustizas polas que seguir mobilizándose, entre elas, revisar a cuestión dos dous pagadores ou a devolución de oficio das sancións impostas, así como o cambio da lei.

O 17 de xaneiro vai ter lugar en Santiago de Compostela unha Xornada de Traballo de todas as Plataformas de Emigrantes Retornados de Galicia. Nesta xornada, debateranse as novas mobilizacións que se levarán a cabo este ano.

O remate leron as súas reivindicacións.

la foto 2

También te podría gustar...