Comeza o ano cos veciños de Valdeorras en ‘pé de guerra’ contra a tasa de depuración de auga
‘Semella que entre festa e festa, queren metérnosla doblada’. Así de claro e conciso amósase un veciño de Vilaboa no Concello de A Veiga, ante o feito de que o pasado 27 fixéranse oficiais as tasas de depuración de auga para a comarca de Valdeorras e que aprobáranse o pasado día 30 nun pleno do Consorcio de Augas no que están os alcaldes dos nove concellos da comarca, membros de Deputación e de Augas de Galicia.
‘Pero si lles parce pouca a tomadura de pelo e a ‘nocturnidade’ con que aproban isto, inda máis e van e poñen a tasa con efecto retroactivo dende o 1 de xaneiro de 2014′. O veciño insiste en que non é polo importe, que será entre 1,5 e 6 euros ao trimestre dependendo do uso mos servizos mínimos, é que hay localidades en las que este sisntema de depuración leva feito 4 anos e ainda non funciona co cal no ven lóxico que se cobre por un servizo que non estase a ofrecer.
Dende este xornal nos hemos posto en contacto con veciños de concellos como A Veiga, O Bolo ou Petín, e o sentir maioritario é o de incredulidade de como ‘teñen a cara de cobrar por un servizo que nos están dando’.
En localidades fíxose a infraestrutura, mais nunca ha funcionado. En outras nas que en teoría si funciona, os aparatos de medida non son capaces de medir os consumos. Pero ainda con todo e con isto, xa están fixadas as tasas, con carácter retroactivo, que comezarán a cobrarse neste mes de enero.
Os veciños de Valdeorras din o mesmo: ‘nin se lles ocurra mandar ningún recibo cobrando por algo que nin dan nin deron’.
En algunas localidades nos indican que xa están a proceder á recollida de firmas entre os veciños para negarse a dita tasa o que anticipa que este mes de xaneiro comenza quente e promete conflicto entre este organismo, Consorcio de Augas de Valdeorras e os veciños.