Turismo de Galicia participou en 26 feiras sectoriais ao longo de 2014 para promover e apoiar a comercialización turística de Galicia nos distintos mercados mundiais

image_gallery

 

O destino Galicia púidose promover e comercializar este ano en 27 feiras de carácter turístico, grazas á actividade de Turismo de Galicia, que levou a oferta e os servizos turísticos galegos a 19 certames internacionais e sete internacionais, o que posibilitou a súa promoción global nos distintos mercados mundiais.

Nos últimos 12 meses, Turismo de Galicia participou nos principais certames turísticos do mundo, entre os que salientan a Feira Internacional do Turismo de Madrid, FITUR, en xaneiro; a Internationale Turismus Börse (ITB), de Berlín, en febreiro; ou a World Travel Market (WTM), de Londres, en novembro .

Ademais, no ámbito español, o turismo galego estivo representado en todos os certames turísticos organizados nos principais mercados emisores para Galicia.

Así, ademais de FITUR, Turismo de Galicia participou nas feiras de carácter xeneralista Navartur, en Navarra, en febreiro; Salón Internacional do Turismo de Cataluña (SITC), en abril; e o Salón de Turismo INTUR, en Valladolid, no mes novembro.

Promoción específica dos produtos turísticos galegos máis senlleiros Este ano, para a promoción específica dos produtos turísticos galegos máis senlleiros, Turismo de Galicia participou en 11 certames especializados ao obxecto de difundir e apoiar a súa comercialización.

Deste xeito, en relación ao Camiño de Santiago e ao fenómeno xacobeo, o departamento de Turismo da Xunta de Galicia, ademais de promover a ruta en todos os certames turísticos, participou nas feiras específicas International Christian Resources Exhibition, de Londres, o pasado mes de maio, e Gloria, celebrada en Augsburg, Alemaña, en outubro.

No eido dos produtos turísticos, o turismo de saúde púidose promover nos certames Thermalies, de París, celebrado en xanerio, e Termatalia, celebrado en Arxentina o pasado mes de outubro.

Polo que respecta ao turismo náutico da comunidade galega, Turismo de Galicia instalou recintos de promoción no Grand Pavois, de La Rochelle, Francia, o mes de setembro, e o Salón náutico de París, celebrado os primeiros días de decembro.

Canto ao golf, este produto promoveuse de xeito específico no certame Madrid golf, celebrado en marzo na capital de España.

Ademais, a ornitoloxía, un dos produtos turísticos emerxentes na comunidade galega, contou tamén cunha promoción específica na feira FIO, celebrada Monfragüe, Extremadura, entre os meses de febreiro e marzo.

También te podría gustar...