Ditames do pleno ordinario da Deputación de Ourense convocado para o vindeiro luns, 29 de decembro de 2014
Ditames do pleno ordinario da Deputación de Ourense convocado para o vindeiro luns, 29 de decembro de 2014 que vaise a celebrar ás 11:00h.
De conformidade co que dispoñen os artigos 46.2.a) da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, 78, 80 e 82 do ROF, do 28 de novembro de 1986 e normas concordantes –e para os efectos do artigo 58 do citado ROF-, convócase sesión ordinaria do Pleno da Corporación Provincial.
DÍA: luns, 29 de decembro de 2014.
HORA: 11:00 horas en primeira convocatoria*.
LUGAR: Salón de sesións do Pazo Provincial.
*Se na primeira convocatoria non existise o quórum necesario segundo o disposto no número anterior, entenderase convocada a sesión automaticamente á mesma hora, dous días despois.
ORDE DO DÍA
1.- Acta da sesión anterior, correspondente á ordinaria do día 28 de novembro de 2014.
2.- Toma de posesión de don Álvaro Vila Araújo.
3.- Modificación do acordo do Pleno do 31 de outubro de 2014, sobre ratificación da modificación dos estatutos do Consorcio do Centro Asociado da UNED, para a súa adaptación á Lei de racionalización e sostitibilidade da administración local e á Lei de racionalización do sector público.
4.- Adhesión do Concello de Nogueira de Ramuín ao convenio marco de cooperación entre a Deputación Provincial de Ourense e os concellos da provincia para a prestación pola Deputación Provincial, en réxime de competencia delegada, do servizo de inspección dos tributos municipais.
5.- Expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, para a execución da obra “ampliación rúa Costureiras, 1ª fase”, no Concello de Amoeiro.
6.- Bases reguladoras do Programa provincial de cooperación cos concellos para a realización de actuacións de limpeza das marxes das redes viarias municipais e provinciais durante o exercicio 2015.
7.- Adhesión do Concello de Vilariño de Conso ao convenio marco de cooperación entre a Deputación Provincial de Ourense e os concellos da provincia para a prestación, por parte da Deputación, en réxime de competencia delegada e con carácter intermunicipal, do servizo de recollida de RSU nos municipios da provincia.
8.- Moción do Grupo Socialista para solicitar a subvención con cargo ao 1,5% cultural para a reforma e rehabilitación do edificio da Praza de Abastos, n.º 1 de Ourense.
9.- Moción do Grupo Socialista sobre mellora da asistencia sanitaria en Pereiro de Aguiar.
10.- Moción do BNG sobre a modificación das condicións de adhesión a SOGAMA.
11.- Moción do BNG sobre a creación dunha tarifa eléctrica galega.
12.- Dación de conta da relación de decretos da Presidencia do mes de novembro de 2014 e dos seguintes adicionais: 2º de setembro e 1º de outubro de 2014.
13.- Dación de conta da relación de decretos da Vicepresidencia do mes de outubro de 2014 e dos seguintes adicionais: 2º de setembro e 1º de outubro de 2014.
14.- Mocións de urxencia.
15.- Rogos e preguntas.