Concerto solidario de canto e piano a cargo de Josep Ramos en Quiroga
Dentro de as actividades para este Nadal que ten preparadas o Concello de Quiroga nos atopamos coa celebración deste Concerto solidario de canto e piano a cargo de Josep Ramos.
A cita vai ser o vindeiro domingo día 28 deste mes de decembro no Auditorio Municipal a partires das 19:00h. É un concerto organizado pola Asociación ‘Esceulas de la Tierra’ en colaboración co Concello de Quiroga, e celebrarase en favor da primeira.
A entrada será de balde , as persoas que queiran achegar os seus donativos a “Escuelas de la Tierra” poderán facelo nunha urna colocada a tal efecto.
Membros desta asociación, veciños de Quiroga, explicarán a labor educativa que desenvolven en países coma Bolivia e tamén en España.
A continuación Josep Ramos interpretará o seguinte repertorio:
Introdución: Fanfarria da 20th Century Fox. Adfred Newman.
- Drama Histórico: My Own True Love. De “Gone With The Wind”. Música de Max Steiner, letra de M. David.
- Espionaxe: The James Bond Theme. Monty Norman.
- Drama: Somewhere My Love. De “Doctor Zhivago”. Maurice Jarre.
- Cinema negro: As time Goes By. De “Casablanca”. Herman Hupfeld.
- Drama romántico: Where Do I Begin. De “Love Story”. Música Francis Lai, letra Carl Sigman.
- Ficción cientifica: Star Wars. Selección de temas da saga. John Williams.
- Musical: The Sound Of Music. Selección de temas. Richard Rodgers e Oscar Hammerstein.
- Comedia: The Pink Panther. Henry Mancini.
- Mundo do delito: The Godfather. Selección de temas. Nino Rota.
- Western: Raindrops Keep Falling On My Head. De “Butch Cassidy And The Sundance Kid”. Burt Bacharach.
- Grandes directores: Marche funèbre d’une marionette. Charles Gounod.
- Mundo do deporte: The Eye Of The Tiger. De “Rocky III”. Frankie M. Sullivan III e James Michael Peterik III.
Josep Ramos Lara, comeza os seus estudos de piano, aos 16 anos, no conservatorio do Liceo de Barcelona, a súa cidade natal. Para afondar no coñecemento deste instrumento asiste a clases con: Rafa Márquez, Marina Shamagian, Eriko Ishimoto, Tatiana Malguina… Este seria o seu primeiro contacto coa música que pasaría a converterse nunha das súas grandes paixóns e cuxo estudo xa non abandonaría.
Máis tarde, buscando novos camiños para complementar a súa formación musical, empeza a formarse como cantante co mestres Jordi Fusalba. Vendo que esta nova faceta musical resultaba moi interesante, decide afondar nela con profesores como: Daniel Anglés, Xavier Sabata, Pili Capellades, Carlos Prieto, Pedro Figueira, Nuno Dias, Ana María Fleming, Lyubov Sharnina, Laura Alonso,Eva Novotna e Ramón María Vázquez entre outros. Como o seu interese pola musica vai en aumento, continua ampliando os seus estudos en canto, piano e composición no conservatorio Calouste Gulbenkian de Aveiro (Portugal), na “Escuela Hispano Rusa de Altos Estudios Musicais” e na Escola Berenguela de Santiago.
Paralelamente a esta faceta, está a académica que o levou a facer medicina,outra das súas paixóns. Actualmente exerce a súa profesión no PAC de Quiroga.