Reunión da comisión organizadora da XXXIII Feira do Viño de Quiroga para ir perfilando o evento
Hoxe, venres día 19 de decembro, reuniuse a comisión organizadora da XXXIII Feira do Viño de Quiroga, presidida polo mandatario local, Julio Álvarez Núñez.
Nesta reunión creáronse as distintas subcomisións para ir perfilando o programa do evento.
Seguindo a tradición, cada ano nun tramo da rúa Real, nesta edición o recinto feiral situarase na parte de arriba da rúa.
Tamén se acordou abrir o prazo de inscrición dos colleiteiros interesados en participar, do 9 ao 23 de xaneiro, e perfiláronse os requisitos para participar na XXXIII edición que terá lugar os días 4 e 5 de abril:
– Cantidade mínima: 200 botellas de viño branco e 250 botellas de viño tinto para presentar na feira, e outra cantidade igual ou superior na adega.
– Graduación alcohólica mínima: 12 º para o viño branco e 11,5 º para o viño tinto.
– Acidez volátil máxima: 0,5 gr. acético/l. para o viño branco e 0,6 gr. acético/l. para o viño tinto.
Unha vez rematado o prazo de inscrición, procederase a recollida das mostras para realizar os análises organolépticos dos caldos.