Presentación da Festa do Botelo 2015
Hoxe, ás 17:00h, foi presentada na casa do concello de O Barco a Festa do Botelo 2015, o que será a edición XV. Na presentación, tanto o alcalde, Alfredo García, como o concellal de Cultura, Eduardo Ojea, fixeron fincapé en que esta será a primeira edición desde que esta festa recibiu a calificación de Interese Turística Rexional por parte da Xunta, co cal quérese que sexa unha edición especial.
A data da celebración de esta edición será o día 24 de xaneiro de 2015, no pavillón de Calabagueiros e indicar que vanse a sacar 850 entradas á venda a un prezo de 15 euros cada unha.
Francisco Barredo será el homenaxeado nesta edición pola súa longa historia no mundo da gastronomía, destacando o seu traballo que está a facer no mundo da castaña e, concretamente, dentro da repostería.
O pregonera nesta edición vai ser José Ángel Rodríguez Delgado, organizador y mantenedor que no ano pasado contribuiu a dar unha maxen do botelo fora da nosa comarca, concretamente na presentación dunha xornada na Coruña.
Unha sorpresa será unha canción que vai a presentar o Orfeón Valdeorrés adicada ao botelo.
Habrá unha semana de pinchos en diferentes establecementos e bares da localidade co botelo coma protagonista, ademáis, unha serie de restaurantes, agora mesmo 4 confirmados, que van a ofrecer botelo nos seus menús.
En materia de institucións, nesta edición, xa que han intervido de forma activa na promoción dos productos gastronómicos da nosa comarca, o Eixo Atlántico terá un papel especialmente relevante, incluso coa realización da reunión da comisión executiva deste organismo o 20 de xaneiro no Barco.
Tamén estará presente a Fegamp, pola súa influencia e promoción.
En canto ao exterior da nosa comarca, o ano pasado hubo unha comida popular na Coruña, e nesta ocasión, ademáis desta cidade, quérese engadir unha comisa similar en Vigo.