Presentada en A Pobra de Trives hoxe a súa programación de Nadal 2014-2015

folleto nadal 2015 exterior

 

O alcalde de Trives presentou está mañá a programación de Nadal 2014-2015. Na elaboración das propostas participaron todas as concellerías co único planteamento de ofrecer unha proposta multidisciplinar e para todos os públicos.

A programación comeza o próximo venres día 5 e desenvólvese ao longo de todo o mes de decembro e  a primeira semana de xaneiro.

Durante os sucesivos días proxectaranse no Auditorio Julio Vázquez media docena de longametraxes con títulos como “O planeta dos simios. Amencer”, “Frozen, o reino do xeo” ou “As aventuras de  Peabody y Sherman”.

Tamén haberá obradoiros para os más pequenos e unha singular actividade de lanzamento de farolillos dende praza do Pilón o martes 23 ás 20:30 horas.

cartaz A3 nadal 2014-2015

 

No apartado músical terá lugar un Certame de Corais o domingo 28 ou mesmo un recital de piano de bandas sonoras a cargo de Fabio Álvarez  o sábado día 27.

O programa complétase con actividades deportivas nas que se inclúen os roteiros para a práctica do sendeirismo.

Finalmente os veciños e veciñas da Pobra de Trives recibirán a visita do Papá Noel e tamén das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente.

folleto nadal 2015 interior

También te podría gustar...