Mañán xoves abrirase a exposición fotográfica ‘Entre a auga e a pedra’
A agrupación fotográfica Fotosíntese de Ourense inaugura este xoves, 20 de novembro, a exposición «Entre a auga e a pedra». O acto terá lugar ás 20 horas na hall do Teatro Lauro Olmo, onde poderá verse ata o 7 de decembro. Ao acto acudirá unha representación dos once autores das vintedúas fotografías panorámicas que compoñen esta mostra, a segunda das incluídas no programa do Outono Fotográfico no Barco.
Pero FotoSíntese quixo subir un chanzo máis nisto do mundo da imaxe e practicar o “exhibicionismo”, o “expoñerse” e arriscar cunha primeira experiencia de ver os seus traballos pendurados nunha sa de exposicións, expoñendo estas obras no Centro Cultural Marcos Valcarcel de Ourense foi un empurrón definitivo para deixar de lado os medos e as inseguridades e tomar a decisión de “expoñer” sabendo que o que “expón” sempre se “expón” pero estando seguros que os críticos saberán ser abondosos nas gabanzas e parcos nos defectos. Agora dan un paso máis e dentro da programación do Outono Fotográfico 2014 son as xentes de Valdeorras quen ten a posibilidade de disfrutar desta obra colectiva na sala de exposicións do Teatro Lauro Olmo do Barco.
Fotosíntese trae a este espazo unha obra colectiva (once persoas) na que empregando a técnica da Panorámica titulase “Ourense entre a Auga e a Pedra” e na que se ofrece un punto de vista, unha mirada, a visión dunha realidade vencellada a nosa provincia, a súa natureza e a súa historia.