A Deputación de Ourense organiza unha xornada sobre xestión deportiva municipal

Deputación Ourense

 

O vindeiro venres, 28 de novembro, entre as 16.00 e as 20.00 horas, terá lugar no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” unha xornada sobre “Xestión deportiva municipal para concellos”, organizada pola Deputación de Ourense, que ten como principal obxectivo analizar os modelos de xestión pública. O evento contará con relatores de gran prestixio procedentes de ámbitos como a administración pública, a universidade, o sector privado e os sindicatos, que achegarán os seus puntos de vista sobre esta cuestión de actualidade, e que está dirixido prioritariamente aos concellos da provincia.

O remate da xornada será unha mesa redonda na que se debaterá sobre  a “Xestión directa versus xestión externalizada”, na que participarán Francisco Cacharro, secretario da Deputación de Ourense; Paulo Rubido, secretario de servizos de CIG; Santiago López, xerente do multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela, e Rafael García, alcalde do Concello de Noia. Completan a xornada Eduardo Blanco, doutor en Dereito Deportivo e profesor da Universidade de A Coruña; José Cabrera, do Cabildo Insular de Gran Canaria, e representantes dos concellos do Clube Costa da Morte.

 

También te podría gustar...