124 persoas atendidas en 85 accidentes de circulación durante a fin de semana

061Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a un total de 124 persoas debido a 85 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 14 de novembro, ata as 23:59 horas do domingo, 16 de novembro. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 33 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 104 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 85 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 124 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 50 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 59 por cento dos atendidos tiña entre os 20 e os 44 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 43 sinistros de tráfico respectivamente durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes
A Coruña
28
Lugo
6
Ourense
8
Pontevedra
43
Galicia
85

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 114. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a 13 sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 92 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis ocasións. As ambulancias convencionais mobilizáronse en tres ocasións.

En 105 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 16 ocasións foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e tres persoas faleceron no lugar do incidente.

También te podría gustar...