Inauguración dos Encontros de orientación xurídica penitenciaria

Deputación Ourense

 

No salón de actos do Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense terá lugar mañá xoves, 13 de novembro, ás 11.30 horas, a inauguración dos Encontros de orientación xurídica penitenciaria. No acto participarán o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o presidente do Consello Xeral da Avogacía Española, Carlos Carnicer; a presidenta do Consello Xeral da Avogacía Galega, Nieves Santomé; o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e o decano do Colexio de Avogados de Ourense, Arturo González.

 

También te podría gustar...