Se inaugura na catedral de Ourense a exposición belenística ‘Francisco. Estrela de Belén e Camiño’

O xerente do Xacobeo inaugurou a exposición belenística “Francisco. Estrela de Belén e Camiño” na Catedral de Ourense

 

Se inaugura na catedral de Ourense a exposición belenística ‘Francisco. Estrela de Belén e Camiño’.

O xerente da Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, inaugurou hoxe a exposición “Francisco. Estrela de Belén e Camiño” na Catedral de San Martiño de Ourense.

Desde hoxe ata o próximo 7 de decembro a Capela de San Xoán acollerá esta mostra enmarcada no VIII Centenario de San Francisco de Asís a Compostela que poderá visitarse de luns a sábado de de 11:30h a 13:15h e de 16:30h a 19:30h.

A mostra forma parte dun ciclo de exposicións temporais de beléns que están a percorrer lugares seleccionados do camiño que realizou o santo, en conmemoración e recoñecemento do seu impulso e propagación universal da devoción popular ao Misterio de Belén, unindo nun só programa as sensibilidades xacobea e franciscana. Deste xeito a exposición percorrerá, cunha perspectiva unitaria, as localidades de Burgos, Carrión de los Condes, Astorga, Roda e Medina de Rioseco e en Galicia, Sarria, Portomarín, Santiago de Compostela e Ourense

O devandito ciclo é posible grazas á participación de diversas asociacións belenistas e de Amigos do Camiño de Santiago, tanto de Galicia coma de Castela e León, xunto a outras entidades, institucións e particulares.

Esta sede de Ourense, terá dúas localizacións: a capela de San Xoán da Catedral, dedicada ao belenismo na provincia, que comprende obras relacionadas coa Natividade do Señor dos séculos XVI ao XIX, completándose con figuras, pinturas e beléns de artistas ourensáns do século XX, e o Liceo, que, a partir do próximo 29 de novembro, incluirá dúas salas con diferente temática: unha monográfica sobre a Vía da Prata- Camiño Mozárabe a Santiago de Compostela dende Huelva e outra sobre a Asociación Belenista de Ourense, próxima a cumprir cincuenta anos de andaina.

Durante o acto de inauguración, o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, destacou o alto nivel de calidade artística da mostra e agradeceu tanto a Catedral de Ourense como a Asociación de Amigos de San Francisco de Asís, as asociacións belenistas e as asociación de Amigos do Camiño de Santiago a súa colaboración.

Así mesmo, sinalou a importancia da cidade de Ourense no legado franciscano da cal afirmo “é un lugar emblemático con numerosas pegadas do franciscanismo”.

Emblema da cidade de Ourense

A Catedral ourensá de San Martiño segue adiante co seu proceso de restauración. O presidente da Xunta de Galicia anunciou o pasado mes de outubro novas intervencións para o que resta de ano e o próximo ano 2015 que terán un investimento duns 450.000 euros con cargo aos Fondos Feder. Con esta nova partida acondicionarase o patio entre a nave e o edificio de cóengos, rehabilitarase a portada norte e limparase a fachada.

Isto súmase á finalización das obras na Capela de San Xoán e doutras rematadas anteriormente como o Pórtico do Paraíso, que recuperou a súa policromía, o órgano maior ou a impermeabilización e lousado. En total, investíronse xa 1,5 millóns dende 2011.

A finais deste 2014 concluiranse as cubertas e as terrazas na cabeceira, o que inclúe a Capela do Santo Cristo, a reparación puntual nas terrazas da torre sur e a restauración da pintura mural do nártice.

A Catedral de San Martiño de Ourense, declarada Monumento Nacional en 1931 polo seu gran valor arquitectónico e cultural, é un emblema da cidade de Ourense.

También te podría gustar...