II Asemblea Aberta do BNG no Barco ‘Construíndo futuro’ o vindeiro xoves

logo_BNG_o_barcoDentro da intención de ter o maior contacto posible cos cidadáns, o BNG en Valderorras vai celebrar o vindeiro xoves día 13 de novembro ás 20:00h a súa II Asemblea Aberta ‘Construíndo futuro’ na localidade do Barco.

O lugar de celebración será o edificio Multiusos coma a primeira Asamblea que fixeron o pasado mes, continuando co proceso «Construíndo futuro», o BNG do Barco convida a todas as persoas a unha asemblea aberta que terá lugar este próximo xoves, 13 de novembro, no salón de actos do Edificio Multiusos do Barco.

Trátase de promover a participación de todas as persoas na definición programática e na definición de candidaturas, sempre tentado consolidar unha alternativa nacionalista no noso concello nas próximas eleccións municipais.

BNG

También te podría gustar...