19º ‘Ourense Film Festival’, entre o 15 e o 23 deste mes de novembro

O director da Agadic, Jacobo Sutil, na presentación do Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF)

 

19º ‘Ourense Film Festival’, entre o 15 e o 23 deste mes de novembro.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia a 19ª edición do Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF), que proxectará un total de 41 películas do 15 ao 23 de novembro en diferentes espazos co obxectivo de contribuír á promoción en Galicia do cinema actual de todas as nacionalidades e de ofrecer visibilidade á produción audiovisual galega.

Organizado polo Concello de Ourense, a carteleira do OUFF 2014 combina o labor de estímulo para a creación cinematográfica, a través dunha competición oficial á que este ano concorren dez películas participadas por 15 países (nas que este ano predomina o drama e a temática social), con outras seccións paralelas destinadas ao recoñecemento do cinema galego, á presentación de filmes inéditos na nosa Comunidade, á exhibición de documentais ou a sesións especiais centradas nas propostas máis vangardistas.

A programación completa do festival foi presentada hoxe en Ourense nun acto que contou coa presenza do delegado territorial da Xunta, Rogelio Martínez; do alcalde Agustín Fernández; da concelleira de Cultura Ana Garrido; e da directora do OUFF 2014, Nora Sola; ademais doutros organizadores e patrocinadores do evento. Por parte da Consellería de Cultura e Educación interveu Jacobo Sutil, director da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), entidade que presta apoio económico ao OUFF a través da sinatura dun convenio de colaboración.

También te podría gustar...