Xornadas Cooperativismo Aproveitamento Micolóxico no Concello de A Veiga o vindeiro sábado
Xornadas Cooperativismo Aproveitamento Micolóxico no Concello de A Veiga o vindeiro sábado día 8 de novembro en horario de 10:00h a 14:00h. A xornada terá lugar no Salón de Plenos do Concello.
Serán impartidas polo micólogo Alejandro R. Mínguez González.
No programa das mesmas atopamos unha charla culinaria, unha demostración de cociña e maís unha saída técnica.
Alejandro R. Mínguez González é o fundador e secretario da Asociación Cultural e Micolóxica de Celanova, ademáis de ser o co-organizador das Xornadas Micolóxicas de Celanova durante case 20 anos, 1995- 2013. Posúe unha ampla formación e experiencia como docente no ámbito da micoloxía.
Ademáis é o propietario de Plan C, Tapería Típica e Sala Permanente de Exposición micolóxica en Celanova.
Autor de oito libros sobre micoloxía, entre eles “En el país de las setas. Un reino de virtudes desconocidas” Novidade editorial, Ano 2014.