Os taxistas de O Barco terán que desembolsar perto de 1.200 euros para adaptarse o novo regulamento no 2015
Os taxistas de O Barco terán que desembolsar perto de 1.200 euros para adaptarse o novo regulamento no 2015, xa que dende primeiros do vinderio ano entran en vigor novas normativas que afectan sobre todo ás consideradas como ‘vilas’, que levan parella a obligatoriedade de instalar nos vehículos novos aparatos como os novos taxímetros, impresoras, tarefas e o módulo.
‘Nos non estamos en contra da nova normativa, pero tendo en conta que dende o comezo da crisis caiu un tercio o número de clientes, estos desembolsos poden traer problemas a algúns compañeiros’, coméntanos un taxista da localidade.
A esto hai que engadir a conxelación das arifas que vai a realizar o colectivo a nivel provincial. ‘Aínda que o IPC diga que poderíamos subir unhas décimas as tarifas, non coidamos que sexa o momento preciso para isto’.
Dende o comezo da crisis o sector do taxi atópase entre os sectores moi afectados por ela.