Información sobre o consumo de cogumelos e seus riscos
Debido as recentes noticias de intoxicación por ingesta de cocmelos, os deixamos certa información que asemellase interesante.
Para distinguir unha especie tóxica doutra que é comestible, non existen regras xerais. Só é necesario coñecela, é dicir, saber cál é o seu nome científico (moito máis preciso có popular). A unha persoa non se lle ocorre saír ó campo apañar herbas silvestres para comer sen coñecelas ben, ¿por que un cogomelo si?
Un cogomelo para ser considerado comestible, sen riscos, ten que poder ser identificado a simple vista, sen axuda do microscopio e que non exista a posibilidade de que sexa confundido con outro semellante e tóxico. Isto obriga a facer unha detallada e minuciosa observación de certos caracteres: hábitat (lugar onde vive ou especie de árbore á que está ligado), cor, cheiro, tamaño e morfoloxía: sombreiro, himenio ou superficie fértil e pé, con anel e volva.
Cada unha destas partes teñen que ser analizadas en detalle; así no sombreiro hai que observar a forma, o tipo de marxe, a presencia de escamas, etc. A superficie fértil pode ter láminas, tubos, pregues, aguillóns ou ser lisa e unirse ó pé por toda a superficie lateral (adnata), a través dunha escotadura, baixar ó longo do propio pé (decorrente) ou estar separada del (libre).
Todas estas características son constantes para cada especie. Ademais, algúns ó partilos ceiban un líquido (látex), con sabor e cor característicos e imprescindibles para identificalos.
Sen embargo, non podemos esquecer que estamos a falar dun “froito”, polo que poden presentar unha serie de cambios en tamaño e cor debido á idade, a cambios climáticos bruscos, … e hai certos cogomelos que presentan en fresco unhas características organolépticas (cheiro e sabor) e en seco, outras.
Adxuntamos pdf cos tipos de cogomelos perigosos que podemos atopar en Galicia.