Noite Meiga en Ribadavia
Noite Meiga en Rivadavia para este vindeiro sábado día 1 de novembro.
Ainda que a celebración do día grande é o sábado, xa o día antes haberá múltiples actividades para todas as edades ainda que cun gran protagonismo para os máis pequenos. Así o venres teremos un taller de debuxo e outro de contos a cargo de O Correo do Vento. Concursos de Calabazas, ambientacións dos locais de hostelería, decoracións de escaparates, concursos do mellor disfraz, son algunhas das propostas que poderemos ter.
Xa o sábado teremos ás 17:00h no Clube Artístico o Baile de Feiticeiros, para nenos e nenas e o Photocall Meigo.
Á mesma hora nos soportais da rúa Madalena teremos o Mercadillo Meigo de Artesanía.
Continuarán as actividades ás 19:00h cando dará comezo o Desfile Infantil, dende o Clube Artístico ata a praza Maior, e pola noite ás 21:30h o Gran Desfile da Noite Meiga, con saida dende a praza de San Francisco ata a praza Maior. Ás 22:00h os presentes poderán disfrutar na praza Maior coa Gala de Lume, un espectáculo de fogo con malabares, cadenas, escupefuegos…, en O Castelo con O Pasaxe do Terror,cun coste da entrada de 4 euros, mentres que na praza Maior con los Bebedizos Mortais con Cadeliños Quentes. Ás 22:30h a citada praza Maior acllerá a actuación de As Lajartas e ás 22:45h o Aquelarre das Meigas.
Ás 23:00h, na rúa Madalena teremos o espectáculo de magia do Mago Marco. O prezo da entrada para o show de magia será de 2 euros.
A las 0:00h realizarase na praza Maior a entrega de premios dos diversos concursos meigos e ás 0:15h dará comezo a Gran Queimada a cargo de O Bruxo Queiman e Troula Animación. Ás 0:50h As Lajartas actuarán na rúa Progreso e ás 0:55h comezará en dicha vía o Aquellarre das Meigas cos Tabaleiros da Istoria.
Á 1:00h os presentes poderán disfrutar no Clube Artístico co concerto de Festicultores Troupe e con o Photocall Meigo e ás 2:00h, como punto final a esta gran xornada, levarase a cabo no clube a entrega do premio ó mellor disfraz.